epínetro

epínetro

(< gr ἐπίνητρον‘roca’)

s m [ARTESAN]

Obxecto cerámico grego que servía para fiar a la. Era oblongo, coa base plana e adoptaba unha forma oca. Tiña unha abertura lonxitudinal e outra nun dos seus extremos. A decoración era semellante á doutros vasos cerámicos.

Palabras veciñas

Épinay-sur-Seine | epinefrina | Epinephelus | epínetro | epineuro | epinicio | epiontoloxía