episteme
episteme
(< gr ἐπιστήμη ‘coñecemento, ciencia’)
-
s
f
[FILOS/LIT]
Coñecemento exacto.
-
s
f
[FILOS]
Concepto introducido por Platón para referirse ao nivel máis alto ao que pode chegar o home na comprensión da realidade. Inclúe o que denominou ciencia e consta de dous niveis, o pensamento discursivo, ou coñecemento das ideas matemáticas, e a dialéctica, ou coñecemento da idea de ben. Afirmou que aquelas persoas que pasaban da doxa (δόξα) ou opinión á episteme podían ser consideradas filósofos. No mito da caverna, identificouse co momento en que o filosófo, xa no exterior da cova, é capaz de mirar directamente cara á luz do sol, que é a representación da idea de ben.