epístola
(
-
s
f
Carta ou misiva que se escribe a alguén.
-
s
f
[LIT]
Composición, a miúdo en verso e con métricas diversas que, elaborada en forma de carta, trata diversos temas, case sempre filosóficos, morais, satíricos ou relixiosos. Adoita estar dirixida, de maneira formal, a unha ou varias persoas particulares, reais ou imaxinarias. Escribiuse, xeralmente, coa intención de que tivese unha ampla difusión, de aí o seu interese xeral a causa dos temas que trata. A epístola de contido literario cultivouse a partir de Horacio (Epistola ad Pisones). Ademais das do Novo Testamento, destacan as de Cicerón, Petrarca, Garcilaso de la Vega, Luís Vives, Ben Jonson, John Gay, Alexander Pope, Jonathan Swift e Antonio de Guevara.
-
s
f
[RELIX]
-
Cada unha das vinte e unha cartas atribuídas aos diversos apóstolos que forman parte do Novo Testamento. Clasifícanse en dous grandes grupos: paulinas e católicas. Denomínanse cartas paulinas as catorce epístolas atribuídas a san Paulo (ós romanos, dúas aos corintios, aos gálatas, aos efesios, aos filipenses, aos colosenses, dúas aos tesalonicenses, dúas a Timoteo, a Tito, a Filemón e aos hebreos). A Carta de Santiago (50?) preséntase como escrita polo apóstolo “irmán” do Señor. A Carta de Xudas, de datación discutida (69?), ten como autor o irmán de Santiago. A Primeira Carta de Pedro redactouna Silvano, probablemente antes do ano 67, e a Segunda Carta de Pedro foi escrita, probablemente, por un discípulo do apóstolo. A análise literaria das tres Epístolas de Xoán indica que se trata da obra do autor do cuarto evanxeo, polo que a data da súa redacción debería situarse arredor dos anos noventa.
-
Texto do Novo Testamento (xeralmente dalgunha das Epístolas) que se le na misa ou se canta antes do Evanxeo. OBS: Escríbese sempre en maiúscula.
-
-
lado da epístola
[ARQUIT]
Lado dereito do altar dende o punto de vista dos fieis. O seu nome fai referencia ao lugar onde se lía a Epístola durante a celebración da misa, segundo o rito romano anterior ao Concilio Vaticano II.