epistolar

epistolar

(< lat epistolāre)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á epístola.

  2. xénero epistolar [LIT]

    Modalidade literaria baseada na correspondencia entre escritores ou artistas en xeral, ou ben en producións literarias escritas en forma de epístola pero que non forman parte dunha correspondencia escrita. Neste sentido interesa a novela epistolar, moi difundida durante o s XVIII.