Época
Época
Publicación aparecida en Madrid en 1985 e subtitulada “Revista semanal de actualidad y tendencias”. Fundada e dirixida nos primeiros anos por Jaime Campmany, no 2000 accedeu ao cargo de director Germán Yanke. Edítaa a Difusora de Información Periódica SA (DINPE), ligada ao Grupo Intereconomía. Nos seus artigos e reportaxes tenta reflectir a situación política española e mundial, a evolución dos mercados económicos -cunha atención especial aos intereses das empresas españolas en Iberoamérica-, e as novidades culturais, como a actualidade cinematográfica, a fotografía ou a literatura.