Epstein, Jacob
Escultor. Estudiou na École des Beaux-Arts e na Académie Julian de París (1902-1905) e, seguidamente, estableceuse en Inglaterra. Durante a súa estancia en París recibiu as influencias de Rodin, Picasso e Brâncu ṣ i e, ao instalarse en Londres, achegouse aos vorticistas. As 18 estatuas realizadas para a British Medical Association (1907-1908) suscitaron críticas nos ambientes académicos que consideraron obscenas as figuras espidas. O mesmo sucedeu coa tumba de Oscar Wilde no cemiterio Père Lachaise en París (1911), prohibida por indecente ata que se taparon os órganos sexuais do anxo. Entre outras obras destacan St. Michael casting down Satan (San Miguel vencendo a Satanás), Lucifer, Rima e Madonna and child (A Virxe e o Neno). Recibiu o título de sir en 1954.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Nova York -
Deceso
Lugar : Londres