equidade
equidade
(< lat aequĭtāte)
-
s
f
-
Calidade dunha persoa de obrar ou actuar dunha forma xusta e comedida.
Ex: Sempre ten moito tino e obra con equidade cando ten que distribuír o traballo.
Confrontacións: igualdade, xustiza. -
Calidade dunha cousa, como un xuízo ou un reparto, que é xusto e imparcial.
Ex: A equidade da sentenza non a discute ninguén.
-
-
s
f
[DER]
Adaptación da norma xurídica ás particularidades de cada caso concreto para evitar unha interpretación ríxida dos preceptos legais, de acordo co esquema xeral das normas xurídicas. A apliación da equidade ten a súa orixe no dereito romano. En España, a equidade debe ponderarse na aplicación da lexislación, aínda que as resolucións xudiciais só poden basearse na equidade nos casos que esta o contemple.