equidade

equidade

(< lat aequĭtāte)

  1. s f
    1. Calidade dunha persoa de obrar ou actuar dunha forma xusta e comedida.

      Ex: Sempre ten moito tino e obra con equidade cando ten que distribuír o traballo.

      Confrontacións: igualdade, xustiza.
    2. Calidade dunha cousa, como un xuízo ou un reparto, que é xusto e imparcial.

      Ex: A equidade da sentenza non a discute ninguén.

  2. s f [DER]

    Adaptación da norma xurídica ás particularidades de cada caso concreto para evitar unha interpretación ríxida dos preceptos legais, de acordo co esquema xeral das normas xurídicas. A apliación da equidade ten a súa orixe no dereito romano. En España, a equidade debe ponderarse na aplicación da lexislación, aínda que as resolucións xudiciais só poden basearse na equidade nos casos que esta o contemple.