equilibramento
equilibramento
(< equilibrar)
-
s
m
Acción e efecto de equilibrar ou equilibrarse.
-
s
m
[TECNOL]
Acción e efecto de anular nun corpo, como unha roda ou unha hélice, ou nun mecanismo, como un motor ou unha máquina rotatoria, a resultante das forzas centrífugas (equilibramento estático) e o seu momento resultante respecto ao eixe de rotación (equilibramento dinámico) para evitar que se produzan vibracións.