equiuroideo -a

equiuroideo -a

(< lat científico Echiurus,xénero de animais)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos equiuroideos.

  2. s m [ANIMAL]

    Metazoo da clase dos equiuroideos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Clase de metazoos constituída por organismos triploblásticos celomados e protóstomos con simetría bilateral. Teñen o corpo dividido en dúas rexións: unha trompa anterior, que ten unha gran capacidade de extensión pero non invaxinable, e a parte posterior, que comprende o tronco coa rexión visceral, moi voluminosa. Todos os representantes son mariños e habitan sobre a area do fondo ou no interior de fisuras que aparecen nas rochas. O xénero máis característico é Bonellia.

Palabras veciñas

equitante | equitativo -va | equity law* | equiuroideo -a | equivalencia | equivalente | equivaler