equivalente
(
-
adx
Que ou o que equivale ou posúe o mesmo valor ou características.
Ex: Se non tes cambio dáme o equivalente en caramelos.
-
adx
[MAT]
Aplícase á figura ou ao corpo que ten a mesma área ou o mesmo volume pero unha forma diferente á doutro.
-
s
m
[HIST]
Tributo establecido por Filipe V en València (1717) e Aragón (1718) como imposto directo e único sobre a riqueza. Considerado equivalente ao conxunto de tributos e rendas provinciais aos que estaba sometida Castela, conservouse ata a reforma tributaria de 1845.
-
equivalente de humidade
[XEOL]
Auga que queda adherida ás partículas do solo despois dunha centrifugación de mil veces a aceleración da gravidade.
-
equivalente electroquímico
[QUÍM]
Peso en gramos do elemento ou composto liberado electroliticamente polo paso dun coulomb cunha eficiencia de corrente do 100%. É igual ao equivalente gramo dividido por 96.487.
-
equivalente gramo
[QUÍM]
Peso en gramos dunha substancia que libera ou se combina cun mol de protóns, en caso de reaccións ácido base, ou cun mol de electróns, no caso de reaccións redox.
-
equivalente mecánico da calor
[FÍS]
Factor que relaciona as unidades caloríficas e as unidades mecánicas da enerxía. A súa determinación cuantitativa fíxoa Joule empregando un calorímetro que contén unha masa de auga, dentro do que pode xirar un sistema de paletas ao redor dun eixe. Este sistema acciónase por un corpo que cae dunha certa altura. O traballo efectuado polo corpo na caída emprégase en axitar a auga e convértese en enerxía calorífica. Así resulta que 1 caloría=4,186 joules, ou ben, 1 kcal=427,1 kpm.