Erandio

Erandio

Municipio do territorio de Bizkaia, Euskadi (23.613 h [1996]). Pertence á aglomeración de Bilbao e a súa economía baséase principalmente na industria, sobre todo a metalurxia e a química. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa gótica de Santa María, a torre renacentista dos Martiartu, os casaríos e as casas-torres dos ss XVII e XVIII.