Erdmannsdorff, Friedrich Wilhelm von

Erdmannsdorff, Friedrich Wilhelm von

Arquitecto alemán. Viaxou por Italia, onde coñeceu a Winckelmann e Clérisseau, Países Baixos e Inglaterra. As súas obras son clasicistas e mostran a influencia do palladianismo inglés. Destacan, entre outras, o castelo de Wörlitz (1769-1783) e os destruídos Schlosstheatre (1777) e Schloss Georgium (1780?) de Dessau. Foi membro honorario da Academia de Berlín dende 1786.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Dresde

  • Deceso

    Lugar : Dessau