Erevan
Capital de Armenia, na marxe esquerda do río Razdan (1.248.700 h [1995]). É un importante centro agrícola (horta e viña) e cultural. Tamén é un destacado núcleo industrial, principalmente na fabricación de produtos químicos, maquinaria, caucho e o sector téxtil. Fundada no s I, foi residencia dos reis persas desde o s XVI. En 1582 ocupárona os turcos e en 1603 os persas recuperárona. Cedida a Rusia polo Tratado de Turmançay (1828), recoñeceuse como capital da República Soviética de Armenia en 1920. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa Katoghike do s XIII, a fortaleza de Erebouni e o centro da cidade, reconstruído nas décadas dos anos vinte e trinta seguindo os modelos da arquitectura comunista e coa utilización de pedra de orixe volcánica.