Erfurt

Erfurt

Capital do land de Turinxia, Alemaña, na marxe dereita do río Unstrut (208.989 h [1991]). É un importante centro cultural e de comunicacións. A base da súa economía é a industria, principalmente a fabricación de equipos electrónicos, máquinas de oficina, equipos informáticos e produtos químicos. Fundada no 741 por san Bonifacio, foi durante a Idade Media un importante centro comercial. Entre os ss XIV e XVI pertenceu ao electorado de Saxonia, e entre 1648 e 1802 a Maguncia. Entre 1806 e 1813 estivo ocupada polos franceses e, tralo Congreso de Viena (1815), pertenceu a Prusia. Foi capital do bezirk de Erfurt na República Democrática Alemana. Do seu patrimonio cultural destacan a Mariendom, a Severikirche, o Augustinerkloste, mosteiro onde viviu M. Lutero, e o centro antigo da cidade con rúas e edificios dos ss XIV e XV.