ergometrina
ergometrina
-
s
f
[BIOQ]
Alcaloide do cornizó, de cristais pouco solubles en auga e cloroformo, e solubles en alcohol, que funde a 162°C. Utilízase como oxitócico.
Sinónimos: ergonovina. -
tartrato de ergometrina
Sal tártrico da ergometrina. É o alcaloide soluble en auga que confire as súas propiedades fisiolóxicas ao cornizó. Actúa como a ergotoxina, pero de forma menos enérxica e máis rapidamente.