ergónimo

ergónimo

(< ergo- + -ónimo)

s m [LING/ONOM]

Nome que designa un grupo de persoas unidas por desempeñar conxuntamente unha función específica ou un traballo, como pode ser a denominación dunha organización, dunha corporación, dunha sociedade, dun círculo, etc.

Ex: Organización das Nacións Unidas (ONU), Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Servicio de Protección á Natureza (SEPRONA), Real Academia Galega (RAG), Instituto da Lingua Galega (ILG).

Citas

  • Organización das Nacións Unidas (ONU), Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG), Servicio de Protección á Natureza (SEPRONA), Real Academia Galega (RAG), Instituto da Lingua Galega (ILG).

Palabras veciñas

ergometría | ergometrina | ergonimia | ergónimo | ergonomía | ergonómico -ca | ergonomista