Erias Martínez, Alfredo
Pintor, debuxante, gravador e historiador. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi dende 1983 arquiveiro-bibliotecario do concello de Betanzos e director do Anuario Brigantino e do Museo das Mariñas. Coordinador da Xunta de Galicia para a organización de arquivos municipais da provincias da Coruña, Lugo e Ourense (1989-1992), pertenceu á Asociación de Creadores Plásticos de Santiago de Compostela, ao Grupo Crise e ao Grupo Artual, estes dous da Coruña. Da súa produción destacan as series pitóricas Labirintos e Praias da memoria, e a colección de gravados Debuxos de Galicia [e Portugal]: Betanzos, Cruceiros, Caza medieval, Músicos do Pórtico da Gloria, Cabaleiros. Realizou mostras individuais no Arquivo do Antigo Reino de Galicia (Betanzos, 1997-1998), no Museo da Região Flaviense (Chaves, 1998), no Instituto Cervantes de Lisboa (1999), na Casa de Galicia (Madrid, 2000) e no congreso La caza en la Edad Media (Valladolid, 2001); e participou nas colectivas do Grupo Crise dende 1997, TURIARTE’98 e do Grupo Artal no Museo Municipal Manuel Torres de Marín (2002). Escribiu, entre outras obras, O arquivo fotográfico Selgas (1990), Vales Villamarín: lembranza no centenario do seu nacemento (1991) e o colectivo O cinematógrafo en Betanzos, 1987-1951 (1997). Foi membro correspondente do Instituto Galaico-Minhoto.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Presedo, Abegondo