ericáceo -a
ericáceo -a
(< lat científico Erica)
-
adx
Relativo ou pertencente á familia das ericáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das ericáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia, da orde das ericais, que abrangue unhas 3.500 especies de plantas perennes, sufruticosas ou arbustivas, de follas enteiras con estípulas, flores tetrámeras ou pentámeras, actinomorfas e hermafroditas, que dan lugar a froitos en cápsula, baga ou drupa. Son plantas ben adaptadas a solos acedos e pobres, e en Europa constitúen etapas de substitución dos bosques atlánticos caducifolios ou son propias de brañas e gándaras. Pertencen a esta familia as arandeiras, as azaleas, as queiroas e os rododendros.