ericáceo -a

ericáceo -a

(< lat científico Erica)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á familia das ericáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das ericáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia, da orde das ericais, que abrangue unhas 3.500 especies de plantas perennes, sufruticosas ou arbustivas, de follas enteiras con estípulas, flores tetrámeras ou pentámeras, actinomorfas e hermafroditas, que dan lugar a froitos en cápsula, baga ou drupa. Son plantas ben adaptadas a solos acedos e pobres, e en Europa constitúen etapas de substitución dos bosques atlánticos caducifolios ou son propias de brañas e gándaras. Pertencen a esta familia as arandeiras, as azaleas, as queiroas e os rododendros.

Palabras veciñas

Eric XIII de Suecia | Eric XIV de Suecia | Erica | ericáceo -a | erical | Erice, Víctor | Eridano