Éride
Éride
[MIT]
Personificación da Discordia. Xeralmente considérase irmá de Ares, inda que Hesíodo a coloca entre as forzas primarias na xeración da Noite (Nix). Adoita representarse como un xenio feminino alado semellante ás Erinias. Durante a celebración da voda de Tetis e Peleo, foi a encargada de guindar a “mazá da discordia” destinada á máis fermosa das divindades: Atenea, Hera e Afrodita, que finalmente París lle outorgaría a esta última.