Erie
Erie
Lago de América do Norte que serve de fronteira entre EE UU e Canadá. Situado na zona máis meridional dos Grandes Lagos, é o cuarto meirande. De orixe glacial, cunha profundidade que non supera os 64 m, ten unha extensión de 35.612 km2. Comunícase co lago Huron polo río Detroit e co lago Ontario polo Niágara. Foi descuberto por Louis Joillet en 1669.