Erikson, Erik Homburguer

Erikson, Erik Homburguer

Psicanalista alemán. Entre 1928 e 1933 viviu en Viena, onde ensinou na escola experimental, coñeceu a práctica do método Montessori e estudiou psicanálise con Anna Freud. Desde 1933, residiu en EE UU, onde traballou na Harvard University e na Yale University. En 1950 abandonou Berkeley e despois traballou en Harvard, ata que en 1970 se retirou para seguir investigando coa súa esposa, Joan Serson. En 1950 publicou Childhood and Society, en que resume os seus estudios sobre os nativos americanos, analiza as figuras de Maksim Gor’kij e Adolph Hitler e engade o debate sobre a “personalidade americana” e as liñas xerais da súa versión da teoría freudiana. Estes temas foron recorrentes noutros traballos, como en Gandhi’s Truth (1970, Pulitzer Prize e Book Award). Superou as teorías de S. Freud ao enfatizar o papel da cultura no desenvolvemento da personalidade. As súas teses son basicamente unha teoría da psicoloxía do ego que, a diferenza de S. Freud, afirma que o ego é parte importante e fundamental dentro da dinámica da personalidade. Cómpre destacar tamén as súas obras Identity and the Life Cycle (1969), Dimensions of a New Identity (1974), Toys and Reasons: Stages in the Ritualization of Experience (1977), The Life Cycle Completed (1982) e Vital Involvement in Old Age (1986, en colaboración con Joan Erikson e Helen Kivnik).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Frankfurt

  • Deceso

    Lugar : Harwich, Massachusetts