Erinacea

Erinacea
[PLANTA]

Xénero de arbustos, da familia das fabáceas, ao que pertence a especie E. anthyllis, de pólas transformadas en espiñas e follas pequenas e trifoliadas con folíolos de ata 7 mm, e flores, de cálice de corola azul de ata 18 mm de longo, dispostas en grupos de tres. Constitúe un elemento fundamental das matogueiras da montaña calcaria, por riba dos 1.200 m, da rexión mediterránea da Península Ibérica.