eritroblastose
(< eritroblasto + -ose)
-
s
f
[PAT]
Formación excesiva de eritroblastos, fenómeno que se observa en distintos estados patolóxicos.
-
s
f
[PAT]
Presencia de eritroblastos no sangue.
-
eritroblastose fetal
[PAT]
Enfermidade hemolítica e conxénita que afecta aos bebés, tanto na súa etapa intrauterina como de neonato, caracterizada pola aglutinación e fagocitose das súas hemacias por parte do sistema inmunitario da nai. Prodúcese por unha incompatibilidade entre os eritrocitos maternos e os fetais. Os maternos non teñen o factor antixénico Rh, a nai é Rh(-), mentres que os fetais o teñen por herdanza paterna, o feto é Rh(+). Cando a nai entra en contacto co sangue do feto, sintetiza anticorpos contra o factor Rh fetal e provoca a lise dos eritrocitos fetais; este contacto prodúcese fundamentalmente no momento do parto e o risco aumenta en casos de abortos ou cesáreas. Desta maneira a nai queda sensibilizada, posúe anticorpos fronte ao factor Rh, co que, se queda embarazada unha nova vez e o fillo é Rh(+) prodúcese a lise dos eritrocitos. Esta incompatibilidade prevense administrándolle á nai immunoglobulina anti-Rh co que se evita a enfermidade do feto. O proceso tamén se coñece como anemia hemolítica do neonato.