eritrocito

eritrocito

(

s m [BIOL]

Célula sanguínea de cor vermella que contén hemoglobina, pigmento responsable da súa coloración. Os eritrocitos dos mamíferos son células que presentan forma de disco bicóncavo, duns 7,5 μm de diámetro, desprovistos de núcleo celular e de orgánulos que non se reproducen, mentres que os dos outros vertebrados teñen forma oval e presentan núcleo. Fórmanse na medula vermella, mediante o proceso de eritropoese, e despois destrúense no fígado e no bazo. A vida media é duns 120 días e a cifra normal aproximada é duns 5,4 millóns por mm3 no home e duns 4,8 millóns por mm3 na muller, co que son as células máis numerosas do sangue. A súa principal función é actuar, grazas á presenza de hemoglobina, como vector de O2 e CO2, fundamental para a respiración tisular. Regulan, en parte, o equilibrio ácido-base e son a orixe da bilirrubina. OBS: Tamén se denomina glóbulo vermello ou hemacia.

Palabras veciñas

eritro- | eritroblasto | eritroblastose | eritrocito | eritrocitose | eritrodermia | eritrólise