eritromicina

eritromicina
Nome científico: [C<sub> 37</sub> H<sub> 67</sub> NO<sub> 13</sub> ]
s f [BIOQ/MED]

Antibiótico bacteriostático que contén, na súa molécula, un azucre aminado (desosamina), un azucre cun nitróxeno libre (cladinosa) e a aglicona chamada eritronólido. Presenta unha actividade antimicrobiana de amplo espectro, que se pode situar entre o da penicilina e o da tetraciclina. A eritromicina inhibe a síntese de proteínas en procariotas pola súa unión á subunidade grande dos ribosomas e, empregada xeralmente nas infeccións por bacterias Gram-positivas como estafilococos, enterococos ou estreptococos, adminístrase fundamentalmente por vía oral. Foi illada en 1952 do Streptomyces erythreus por S. A. Waksman e o seu equipo.