eritropoetina

eritropoetina

(

s f [BIOQ]

Hormona peptídica liberada polo ril e, en menor medida, polo fígado dos mamíferos cando existe unha hipoxia celular, isto é, cando a concentración de osíxeno nos tecidos é baixa. Estimula a medula ósea para a fabricación de eritrocitos mediante a eritropoese, e forma parte do sistema que controla a produción de células vermellas. A obtención de eritropoetina mediante técnicas de enxeñería xenética supuxo a introdución do uso desta substancia no tratamento de diferentes trastornos orgánicos, como por exemplo a insuficiencia renal avanzada, que van acompañados dunha diminución da actividade eritropoética da medula ósea e a conseguinte anemia.

Palabras veciñas

eritromelia | eritromicina | eritropoese | eritropoetina | eritropoetinóxeno | eritrosa | eritrose