Erte
Erte
Publicación aparecida en Ferrol o 26 de marzo de 1933. Subtitulouse “Periódico galeguista” e “Boletín galeguista”. Dirixida por Nicolás García Pedreira, foi voceiro do Partido Galeguista na localidade ferrolá. Pretendeu ser un medio para a difusión da historia, da xeografía e das tradicións de Galicia, cunha clara mensaxe política, en defensa do Estatuto de Autonomía e da lingua galega. Nel colaboraron algúns dos políticos galeguistas máis destacados do momento.