erupción

erupción

(

  1. s f [XEOL]
    1. Emisión violenta de materiais procedentes do interior da Terra ou doutro astro.

    2. Dexección de gases, lava e doutros elementos piroclásticos a través da cheminea dun volcán. As erupcións son de distinto carácter en función da lava que levan e da cantidade e presión dos gases. Os principais tipos de erupcións son: o hawaiiano, en que a lava é moi fluída e os gases escapan libres; o estromboliano, en que os gases se desprenden con explosións rítmicas e a viscosidade da lava é moi grande; o vulcaniano, en que a lava, máis viscosa, a miúdo forma cotras que tapan a saída dos gases, polo que estes rebentan esta cuberta con violencia; o vesubiano, en que a lava viscosa expulsada con violencia forma unha gran cantidade de nubes que provocan chuvia de cinsa; o pliniano, de erupción moi violenta, que proxecta os gases a unha altura considerable, e despois esténdese en masas globulais; e o peleano, na que a lava, moi viscosa, obstrúe de maneira continuada a saída por onde escaparán, de maneira intermitente, fragmentos incandescentes denominados nubes ardentes, que, en suspensión nos gases, avanzan destruíndo todo o que atopan.

    3. Columna de auga quente proxectada por un geyser.

  2. s f [PAT]

    Lesión cutánea, acompañada ou non de febre, que consiste na aparición na pel de zonas coloradas ou de prominencias.

Palabras veciñas

erúcico, ácido | erudición | erudito -ta | erupción | eruptivo -va | erutar | eruto