Erynnis

Erynnis
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de lepidópteros, da familia dos hespéridos, de bolboretas de pequeno tamaño, duns 3 cm de envergadura, de cor castaña escura, co tórax groso e a cabeza ancha. Os dous sexos son semellantes, aínda que as femias son algo máis claras. A eiruga é de cor verde e aliméntase de plantas do xénero Lotus, da familia das fabáceas, e doutras da familia das apiáceas como o cardo corredor. Na Península Ibérica está presente a especie E. tages, que en Galicia ocupa espacios abertos de vexetación baixa.

Palabras veciñas

Erwinia | Erýmanthos | Eryngium | Erynnis | Eryops | Erysimum | Erysiphe