Erysimum

Erysimum
[PLANTA]

Xénero de herbáceas, da familia das brasicáceas, cubertas de pelos complexos, con follas pouco divididas, as superiores enteiras ou dentadas, as flores de cor amarela e os froitos en silicua linear coas valvas convexas. En Galicia están presentes as especies E. cheiri, denominado vulgarmente alelí amarelo, en valados e paredes, e E. linifolium en rochedos de montaña.

Palabras veciñas

Eryngium | Erynnis | Eryops | Erysimum | Erysiphe | Erythraea | Erythrina