Erythromma
Erythromma
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de odonatos, da familia dos coenagriónidos, que na fase adulta se presentan como gaiteiros. O macho ten o corpo de cor azul e negra e os ollos de cor vermella, e as femias teñen o abdome acastañado. As larvas dalgunhas especies pódense desenvolver tanto en augas estancadas como en correntes. En Galicia e no resto da Península Ibérica está presente a especie E. viridulum.