Erzberger, Matthias

Erzberger, Matthias

Político e periodista alemán. Editou o Deutsche Volksblatt entre 1896 e 1903, data na que foi elixido deputado polo partido Centro Católico. Durante a Primeira Guerra Mundial pasou dunha actitude belicista á busca dunha paz negociada. Presidiu a comisión negociadora da paz cos aliados. Foi ministro de Facenda do gabinete Bauer (1919). Acusado de corrupción, houbo de dimitir e finalmente foi asasinado nun atentado perpetrado polos nacionalistas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Buttenhausen, Baden

  • Deceso

    Lugar : Württemberg

  • Deceso

    Lugar : Wüttermberg