Esaki, Leo

Esaki, Leo

Físico xaponés. Estudiou na Universidade de Toquio, onde se doutorou en 1959. Traballou na empresa Kobe Kogyo (1947), foi xefe do departamento de física de Sony (1956-1960) e despois pasou ao Centro de Investigacións Thomas J. Watson de IBM, en Yorktown Heighs, Nova York. Especializouse na física de estado sólido, e o seu traballo máis importante foi sobre o efecto túnel, no que se basea o chamado díodo túnel ou díodo Esaki, traballo que desenvolveu na empresa Sony e que supuxo a súa tese de doutoramento. En 1973 compartiu o Premio Nobel de Física con Ivar Giaever e Brian David Josephson, polos traballos sobre semicondutores e supercondutividade.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Osaka