esbozo
(< ital sbozzo)
-
s
m
-
Primeira forma imperfecta dunha composición artística.
Sinónimos: bosquexo. -
[ARTE]
Debuxo elemental cos trazos esenciais dunha composición artística. En pintura é un debuxo de execución rápida e resumida, a medio camiño entre o bosquexo e a obra definitiva, que pode facerse directamente do natural para captar unha situación, unha escena ou unha paisaxe de invención persoal para materializar unha idea, ou ben, en debuxo técnico, para fixar as cotas que permitan debuxar posteriormente o plano definitivo; en escultura é un modelado preparatorio a medida reducida. Antes do romanticismo considerábanse como obras menores do artista, sen embargo, co paso do tempo considerouse a miúdo tan ou máis importante ca a obra definitiva.
-
-
s
m
Exposición das liñas básicas dunha idea ou proxecto.
Sinónimos: bosquexo. -
s
m
[LIT]
Breve composición escrita, xeralmente en prosa, que recolle situacións concretas ou trazos particulares dos personaxes.
-
s
m
[XEOG]
Representación cartográfica bidimensional rudimentaria, na que non se ten en conta a correcta proporción entre os elementos representados (escala), nin se especifican as referencias xeográficas (coordenadas ou puntos cardinais).
-
[BIOL]
-
s
m
Tecido, órgano ou aparato do embrión que aínda non chegou a ter a estrutura ou forma definitiva.
-
esbozo embrionario/organoxenético
Grupo de células, separadas das outras células do embrión, que comeza o desenvolvemento dun órgano.
-
s
m