bosquexo

bosquexo

(

  1. s m

    Acto ou efecto de bosquexar.

    Ex: Despois de tres horas só puiden facer este bosquexo da ponte.

    Confrontacións: deseño, maqueta.
  2. s m

    Debuxo feito só cos trazos esenciais. En xeral, trazos que pinta calquera artista antes de comezar a súa obra. Adoitan ser uns debuxos ou uns toques de pintura feitos á présa, con poucas liñas, diante de algo e que serve para recordar diversas características como a figura, a disposición, a cor, etc.

    Ex: Só fixera un bosquexo do cadro que ía pintar. Venderon unha colección de bosquexos dun debuxante moi coñecido.

    Sinónimos: esbozo. Confrontacións: deseño, maqueta.
  3. s m [COMUN]

    Primeiro esbozo dunha idea publicitaria. En ocasións, as axencias de publicidade envían o boceto aos medios de comunicación, indicando o tipo de letra que se vai utilizar e o lugar que ocupa o texto e a imaxe, como paso previo á entrega do orixinal rematado. Antes de que as axencias de publicidade incorporaran a informática, a maior parte dos bocetos realizaríanse a man alzada, de xeito que o director de arte debía recorrer ao deseño. Hoxe, coa axuda dos ordenadores, pódense realizar bosquexos moito máis completos e acabados, axilizando moito máis o proceso.

  4. s m [FILAT]

    Debuxo orixinal que serve para realizar o definitivo selo de correos.