Escacena del Campo
Escacena del Campo
Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, no límite coa de Sevilla (2.226 h [1996]). O sector agropecuario é a base da súa economía: as plantacións de algodón, os cereais e as oliveiras abastecen as pequenas industrias locais, dedicadas á transformación destes produtos. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da cidade romana de Ituci, en Tejada la Vieja, o xacemento tardo antigo de El Castrejón, e a igrexa do Divino Salvador, declarada Ben de Interese Cultural en 1975.