Escada, José
Pintor. Formouse na Escola de Belas Artes Decorativas António Arroio e na Escola de Belas-Artes de Lisboa a comezos dos anos cincuenta. Pertenceu, entre outros grupos artísticos, ao Grupo do Café Gelo, e foi un dos fundadores do Movemento Renovador de Arte Religiosa (MRAR). No ano 1959 acadou unha das bolsas da Fundação Gulbenkian e instalouse en París, onde formou parte do grupo vangardista KWY. Con el expuxo nas principais capitais europeas baixo as propostas de reflexión abstracta sobre obxectos extraídos da realidade que se converteron en formas indefinidas, entre as que destaca a serie Recortes, dotada de simbolismo. A partir dos anos setenta retornou a unha pintura figurativa na que perdura o valor simbólico e o cromatismo da súa obra anterior.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Lisboa -
Deceso