Escalona

Escalona

Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, no val do río Alberche, que drena o termo municipal (2.048 h [1996]). As principais actividades económicas están relacionadas coa gandería e o sector servicios. Do seu patrimonio cultural destaca o castelo de orixe árabe, reconstruído entre 1435 e 1448 en estilo gótico flamíxero e mudéxar polo condestable de Castela Álvaro de Luna.