escamadura
escamadura
(< escama)
-
s
f
Acción de escamar.
-
s
f
[FISIOL]
Eliminación, por desprendemento, en forma de escamas ou de membranas, das células do estrato superficial ou córneo da epiderme.
-
s
f
[XEOG]
Forma de meteorización consistente na fragmentación das rochas en placas delgadas. Prodúcese polo aumento de volume dos grans de silicatos ao hidratarse, ou ben por cambios térmicos bruscos. É frecuente nas rochas con planos de xistosidade e tamén en rochas macizas (granitos, basaltos, etc), que dan orixe a bloques redondeados.