escapada

escapada

(< escape)

  1. s f

    escapadela.

  2. s f [DEP]

    Nas carreiras ciclistas de fondo en estrada, separación e afastamento dun corredor ou dun pequeno grupo de corredores do grupo máis numeroso, que se produce despois de que este ou estes aumenten a súa velocidade con respecto á do grupo máis grande.

  3. s f [MÚS]

    Na terminoloxía harmónica, nota estraña á harmonía que sucede diatonicamente a unha nota real e que se vincula por un movemento disxunto.

  4. s f

    Acción de escapar.

    Sinónimos: escapada, escapada.
  5. s f

    Saída curta a algún lugar, especialmente deixando as ocupacións ou traballos habituais.

    Ex: A fin de semana fixeron unha escapadela para coñecer Cambados.

    Sinónimos: escapada, escapada.

Frases feitas

  • Nunha escapada loc adv Rapidamente. Ex: Vou ata a túa casa nunha escapada e volvo xa, porque ando apurada.

Palabras veciñas

escansión | escantillón | escantrelar | escapada | escapada | escapadela | escapar