escapar
(
-
v i
Saír ou marchar de maneira precipitada ou ás escondidas.
Ex: En canto tocou o timbre escapou para o patio coma un lóstrego. Como non lle gusta saír á noite, cando os amigos se despistan escapa para casa.
Sinónimos: fuxir. -
v i
Fuxir dunha persoa, cousa ou lugar que se teme ou que priva de liberdade.
Ex: Escaparon dous presos do cárcere. Non escapes de min que non che vou facer nada. Os canarios escaparon da gaiola. Coa lectura escapo da realidade.
-
v i
Librarse ou non ser afectado por algunha cousa.
Ex: Escapou de morrer afogado grazas a que sabía nadar. Ninguén escapa ós rigores do inverno nesta terra.
Sinónimos: fuxir. -
v i
Soltarse algo ou alguén que estaba suxeito.
Ex: Escapoulle a pelota das mans.
-
v i
Saír ou ser proferido algo por descoido ou incapacidade de autodominio.
Ex: Escapoulle un xemido. Escapáronlle palabras comprometedoras.
-
v i
Estar ou quedar fóra do dominio ou alcance dalgunha persoa ou cousa.
Ex: Non sei qué vou facer, todo isto escapa ás miñas posibilidades. Ese suceso escapa ó ámbito da historia contemporánea.
-
v i
Quedar unha peza de roupa pequena ou curta por encoller a tea ou por medrar quen a usa.
Ex: Cómpralle un talle máis de pantalón que nun mes xa lle escapa.
-
v i
Saír un líquido ou gas do recipiente que o contiña.
Ex: O viño escapaba da pipa por esa fenda.
-
v i
Pasar unha oportunidade ou algo beneficioso sen ser aproveitado.
Ex: Deixou escapar a ocasión da súa vida e agora arrepíntese.
-
v i
Resultar algo incomprensible ou inadvertible para alguén.
Ex: Escápame o significado das súas palabras. Escapáronlle moitas faltas de ortografía na carta que me enviou.
Palabras veciñas
escapada | escapada | escapadela | escapar | escaparate | escaparatismo | escapatoriaIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escapo
escapas
escapa
escapamos
escapades
escapan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escapaba
escapabas
escapaba
escapabamos
escapabades
escapaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escapei
escapaches
escapou
escapamos
escapastes
escaparon
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escapara
escaparas
escapara
escaparamos
escaparades
escaparan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escaparei
escaparás
escapará
escaparemos
escaparedes
escaparán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escaparía
escaparías
escaparía
escapariamos
escapariades
escaparían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escape
escapes
escape
escapemos
escapedes
escapen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escapase
escapases
escapase
escapasemos
escapasedes
escapasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escapar
escapares
escapar
escaparmos
escapardes
escaparen
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
escapa
-
-
escapade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles escapar
escapares
escapar
escaparmos
escapardes
escaparen
escapada
escapados
escapadas