escapatoria

escapatoria

(< escapar)

  1. s f

    Acción de escapar dun lugar ou dun encerro.

    Ex: A nosa escapatoria foi pola escaleira de incendios.

  2. s f

    Maneira ou medio con que alguén trata de librarse dun compromiso, situación perigosa ou calquera outra dificultade.

    Ex: Non teño escapatoria, terei que asistir ó acto da entrega de premios. A única escapatoria á bancarrota era vender o material da empresa.

Frases feitas

  • Non ter/haber escapatoria. Non existir ou non atopar a forma de solucionar unha situación difícil ou conflitiva.

Palabras veciñas

escapar | escaparate | escaparatismo | escapatoria | escape | escape | escapelar