escape
(< escapar)
-
s
m
Acción de escapar.
-
s
m
-
Mecanismo que suxeita unha peza ou outro mecanismo e que, cando actúa, libera este último e permite o seu movemento.
-
[MÚS]
Mecanismo do piano que, para evitar que o son se apague, fai regresar o martelo á posición inicial despois de percutir as cordas. Permite ademais apertar a tecla, se cómpre, rapidamente e de maneira repetida.
-
[TECNOL]
Mecanismo que transforma o movemento oscilatorio do volante ou do péndulo en movemento de rotación das agullas do reloxo. En cada rotación libérase un dente da roda de escape que fai mover o mecanismo do reloxo en impulsos sucesivos e a unha velocidade media constante.
-
-
[TECNOL]
-
s
m
Tempo do ciclo do motor de explosión en que os gases producidos na combustión son expulsados ao exterior a través da abertura de escape, impelidos por medio do movemento do pistón dentro do cilindro.
-
tubo de escape
tubo de escape.
-
s
m
-
s
m
[INFORM]
Nome da tecla (esc) que habitualmente posúen os teclados conectados aos ordenadores persoais e outros equipos informáticos e que xeralmente serve para saír de programas, dunha acción executada por un programa ou para cancelar un proceso ou acción. En cada aplicación pode executar ordes diferentes.
Frases feitas
-
A escape loc adv Moi rapidamente, á présa. Ex: Sempre sae a escape cando oe o coche dos pais.