escara

escara

(< lat eschăra < gr ἐσχάρα ‘altar doméstico’)

  1. s f [HIST]

    Altar das divindades e dos heroes de forma redonda e sen pedestal. Tiña unha fendedura na súa parte superior para recoller o sangue das víctimas e as libacións de xeito que caesen e fosen absorbidas pola terra.

  2. s f [PAT]

    Lesión da epiderme, do derma e do hipoderma caracterizada por unha necrose en masa da pel. A etioloxía pode ser de orixe infecciosa, vascular, química, física ou mecánica.