escarabeido -da
(
-
adx
Relativo ou pertencente aos escarabeidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos escarabeidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de coleópteros que, na fase adulta, se presentan como escaravellos de antenas rematadas nunha especie de abano, formado pola expansión dos artellos terminais -do terceiro ao sétimo- destes apéndices; por este motivo denomínanse tamén lamelicornios. Posúen patas longas e provistas de dentes no bordo externo das tibias que lles serven para cavar. As alas son de venación reducida. As larvas son grosas, de patas curtas e cabezas provistas de fortes mandíbulas, e adoitan ser saprófitas. As larvas dalgúns xéneros aliméntanse de raíces e poden chegar a causar danos económicos considerables, mentres que outras se alimentan de madeira, de produtos en descomposición, de cadáveres ou de excrementos.