escaravello
(< lat v *scarafaiu, variantedo lat scarabaeu)
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Denominación popular da fase adulta dos insectos da orde dos coleópteros. Na tradición oral recóllense ditos como: “Ó escaravello os seus fillos parécenlle ouro fino. O que fixer de min escaravello, non farei del espello”.
-
s
m
[ARTE]
Amuleto ou selo de pedra ou de pasta vítrea que representa o escaravello fimícola exipcio (Scarabaeus sacer). Entre os exipcios denominábase khepror, e simbolizaba o crecemento e o chegar a ser ou converterse. Destacan, entre outras tipoloxías, os escaravellos de corazón, destinados a substituír esta víscera na momia para asegurar, deste xeito, a axuda no xuízo de ultratumba; os commemoratius, inscritos cun texto moi breve; e os hiksos, de interese histórico por mor da grande escaseza de fontes sobre o segundo período intermedio. Tamén se localizaron en Siria e Palestina. Os fenicios tamén os crearon e os introduciron en Occidente, onde foron adoptados polos cartaxineses.
-
s
m
Neno inquieto que non para de andar dun lugar para outro.
Sinónimos: besbello, bulebule, fuxefuxe, fervellasverzas. -
s
m
Persoa baixa e de corpo mal feito.
-
s
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘nivel’.