escaso -sa

escaso -sa

(< lat tardío excarpsu‘escollido, raro’)

  1. adx

    Que é pouco ou insuficiente en cantidade ou número. Na tradición oral recóllense ditos como: “Abriles bos e bos fidalgos andan escasos. Lingua longa, sinal de man escasa”.

    Ex: As chuvias son escasas nese país. Os habitantes son escasos.

    Antónimos: abundante.
  2. adx

    Que hai insuficiente cantidade ou número de algo que se expresa.

    Ex: Estamos escasos de traballadores, así que se vai ampliar o cadro de persoal.

  3. adx

    Que lle falta un pouco para estar xusto ou completo.

    Ex: A obra de teatro durou dúas horas escasas. Mercaron tres metros escasos de tea. O xersei quédalle escaso.

Frases feitas

  • Escaso de luces/de entendemento. Ignorante.

Palabras veciñas

escascar | escasear | escaseza | escaso -sa | escasula | escasular | escatimar