escaso -sa
escaso -sa
(< lat tardío excarpsu‘escollido, raro’)
-
adx
Que é pouco ou insuficiente en cantidade ou número. Na tradición oral recóllense ditos como: “Abriles bos e bos fidalgos andan escasos. Lingua longa, sinal de man escasa”.
Ex: As chuvias son escasas nese país. Os habitantes son escasos.
Antónimos: abundante. -
adx
Que hai insuficiente cantidade ou número de algo que se expresa.
Ex: Estamos escasos de traballadores, así que se vai ampliar o cadro de persoal.
-
adx
Que lle falta un pouco para estar xusto ou completo.
Ex: A obra de teatro durou dúas horas escasas. Mercaron tres metros escasos de tea. O xersei quédalle escaso.
Frases feitas
-
Escaso de luces/de entendemento. Ignorante.